viernes, 22 de mayo de 2009

Xa estamos na blogosfera!!!
A finais de 2007, botaba a andar en Allariz a Biblioteca Social de Integratex, respaldada pola COGAMI (confederación Galega de Persoas con Discapacidade) e o Grupo Inditex. ¿Unha Biblioteca nunha tenda outlet de Massimo Dutti? O que ao principio parecía unha tolería, hoxe é un espazo vivo para a lectura, a cultura e o lecer...
Este blog constitúe boa proba diso. En marzo de 2009 a Biblioteca Social e a Biblioteca do IES puñan en marcha un Club de Lectura para alumnos de Bacharelato e adultos centrado en temas sociais. Marilar Aleixandre foi a nosa madriña e un libro seu A cabeza de Medusa, a primeira obra do Clube...
Arrancamos!